A actriz, cantante e presentadora de televisión Carmen Sevilla, un dos rostros máis populares e queridos do cinema e a televisión en España, morreu este martes en Madrid aos 92 anos, segundo informou o seu fillo, Augusto Algueró. Carmen Sevilla, nacida o 16 de outubro de 1930 en Sevilla, padecía alzheimer desde 2009 e debido ao deterioro da súa saúde foi ingresada nunha residencia de Aravaca en marzo de 2015. O pasado domingo foi trasladada a un hospital, onde faleceu. A actriz comezou a súa traxectoria artística aos 14 anos como bailarina e aos 17 iniciou a súa carreira cinematográfica, que lle levou a participar en grandes producións internacionais rodadas en España como “Marco Antonio e Cleopatra” xunto a Charlton Heston.
0