Morreu o papa emérito Bieito XVI

1 minutes read

O papa emérito Bieito XVI morreu este sábado, ás 9:34 horas, aos 95 anos de idade no mosteiro Mater Ecclesiae do Vaticano, onde residía desde a súa histórica renuncia ao pontificado no ano 2013. «Con pesar dou a coñecer que o Papa emérito Bieito XVI faleceu ás 9:34 horas no Mosteiro Mater Ecclesiae do Vaticano», reza a nota oficial do Vaticano, en seis idiomas. A capela ardente instalarase na basílica de San Pedro do Vaticano o vindeiro luns, 2 de xaneiro, segundo confirmou a Santa Sé nun comunicado. De acordo co Vaticano, Bieito XVI estaba «absolutamente lúcido e atento» nos días previos ao seu falecemento e incluso puido asistir a unha misa celebrada no seu cuarto.