Moscova acusa a Ucraína de derrubar un avión ruso

Rusia pediu unha reunión urxente do Consello de Seguridade da ONU tras a derriba do avión preto da fronteira con Ucraína en Bélgorod.

Moscova asegura que o avión ruso foi derrubado polas forzas de Kiev e que transportaba a 65 prisioneiros de guerra ucraínos, aínda que non ofreceu probas. Tamén morrerían nove rusos a bordo.

O ministro de Asuntos Exteriores de Rusia Serguéi Lavrov, dixo que aínda se estaban verificando todos os feitos “Os prisioneiros de guerra ucraínos foron transportados á rexión de Belgorod para levar a cabo o próximo intercambio acordado entre Moscova e Kiev. En lugar deste intercambio, a parte ucraína atacou este avión con mísiles antiaéreos desde a rexión de Járkov, que resultaron fatais”.

Ucraína confirma que este mércores estaba previsto un intercambio de prisioneiros pero que finalmente non tivo lugar.Desde a invasión rusa hai case dous anos, Moscova e Kiev intercambiaron prisioneiros periodicamente e só informouse diso no mesmo momento de producirse.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha