Rusia volve a lanzar intensos bombardeos e ataques de artillería en Donetsk. Principalmente o exército ruso usou mísiles S-300 contra zonas residenciais en Kostantínovka. Causaron grandes danos pero sen vítimas.
O voceiro de Putin, Dimitri Peskov respondeu ao Secretario de Defensa dos Estados Unidos, Lloyd Austin, quen dixo que se Ucraína perde, a OTAN loitará contra Rusia. Peskov asegurou que “é outra declaración extremadamente irresponsable que conducirá a unha maior escalada da tensión”.
Mentres tanto, o presidente Vladímir Putin tratou co seu Consello de Seguridade sobre a neutralización de ameazas no espazo. Asegurou que non ten plans de despregar armas nucleares no espazo: “Vostede e eu xa discutimos as falsidades que algunhas figuras en Occidente están a dicir sobre os nosos supostos plans de despregar armas nucleares no espazo. Digo ‘suposto’ porque, como xa dixen e como ben sabemos, non temos plans dese tipo”, dixo.