Mostra do Encaixe de Camariñas 2019. Resumen día 4

2 minutes read

Timidamente foronse enchendo os ocos na Mostra do Encaixe de Camariñas este sábado, con unha moi aceptable afluencia de público durante toda a xornada. As 11 como sempre abriu as suas portas ao ritmo de música tradicional, neste caso interpretada polo Grupo de gaitas “Con toda en banda”. Logo do encontro de encaixeiras/os e as entregas de agasallos aos mais pequenos/as, entrou en escea o primeiro desfile do día de “Grandes Deseñadores”

Desfile de “Grandes Deseñadores”

Os desfiles de moda son seña de identidade da Mostra. Firmas consolidadas e artistas emerxentes presentan aquí coleccións con denominación de orixe camariñá. Artesanía de fíos tradicional que encaixa á perfección nas propostas máis modernas. As 5 da tarde tivo lugar o desfile de “Noveis Deseñadores”

Desfile de “Noveis deseñadores”
O relevo xeracional está garantido

A Mostra reúne mulleres que levan toda a vida palillando. Tamén están as que aseguran o relevo xeracional, mans novas que introducen a innnovación nos seus deseños conservando a esencia do encaixe de Camariñas.

O Grupo Cerdeimar tamén está presente na Mostra ofrecendo os seus produtos do mar.
Modelos profesionais
Colección da firma María Campaña
Jorge Álvarez, gañador da edición 2018 nón quixo perderse a edición deste ano

Agardámosvos a todos/as este domingo 21 na Mostra do Encaixe de Camariñas, será a última xornada. Estás a tempo, achégate, o mellor está por vir!!!. Grazas a Organización do evento, a Raúl, a Diego, a Jorge, a Rubén e a todos os colaboradores por facernos partícipes co seu traballo do espectáculo do Encaixe e o deber cumprido do traballo ben feito.
Hai que seguir pelexando para que a Mostra sexa declarada Festa de Interese Turístico Nacional.

Segue todo o que acontece o domingo 21, último día do evento, en directo en www.nhdiario.es

Actos previstos para o domingo 21 de abril.

11:00 Apertura – Grupo de gaitas “Con toda en banda”
11:15 IV Encontro de Corais Mostra do Encaixe: Abaladeiras de Muxía, Coral Polifónica Santa Cecilia de Coristanco e Coro Brisas do Mar de Camariñas presentado por José Luis Blanco
13:00 Desfile “Delegacións encaixeiras internacionais” – Desfile “Carlos Bardullas”, estilista internacional: Colección “O son do mar”
14:00 Grupo de gaitas “Con toda en banda”
16:00 Entrega de diplomas do campamento náutico Encaixe Azul
16:30 Acto de agradecemento aos stands participantes
17:45 Desfile “Grandes Deseñadores”
19:45 Desfile “Noveis Deseñadores A e B” – Entrega de Premios
20:30 Clausura presentada por José Luis Blanco e actuación de Lucía Pérez.
21:00 Peche