Mostra do Encaixe de Camariñas | Tamén solidaria

1 minutes read

A XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña tamén conta cunha vertente solidaria. A organización decidiu este ano colaborar coa Asociación STOF FA, unha entidade que algutina a persoas afectadas pola ataxia a nivel nacional, para contribuír a continuar coa investigación que se está a levar a cabo para avanzar no tratamento da enfermidade.

Esta iniciativa nace a partir da petición que María Jesús González Souto, nai dun neno con ataxia e integrante de STOP FA, lle fixo á alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, para articular algunha vía para recadar fondos para a asociación. 

Para elo, no pavillón da Mostra hai un stand no que se poderán comprar diferentes prendas, produtos, rifas ou facer donativos dirixidos a STOP FA. Ademais, o Concello aportou un chal de encaixe, que se vende neste posto solidario. 

Por outra banda, o contrato correspondente aos concertos do Combo Dominicano, que está previsto para o domingo, e Irma Macías e o guitarrista Xaquín Rama, que tivo lugar na inauguración do evento, será doado integramente a STOF FA.