Mostrart consolídase como a máis importante feira de artesanía de Galicia


A edición número 37 de Mostrart, xa está presente nos Xardíns de Méndez Núñez na Coruña, consolidada como a feira de artesanía de referencia en Galicia e unha das máis importantes de España.

73 obradoiros artesáns participan nesta edición do 1 ao 29 de agosto, convertendo este espazo emblemático da cidade no centro neurálxico da artesanía da comunidade.

O apoio do Concello da Coruña a Mostrart enmárcase no compromiso da alcaldesa, Inés Rey, coa reactivación económica, un dos eixos fundamentais de actuación do Goberno municipal.