MotorLand Aragón, punto de partida para o equipo Yacar Racing no Nacional de Autocross


Unha intensa tempada no Campionato de España de Autocross iníciase esta fin de semana na localidade turolense de Alcañiz para o equipo Yacar Racing, que de novo concentrará os seus esforzos coa participación dos seus Yacarcross nas categorías Car Cross, Car Cross Promoción e Car Cross Júnior, ademais de facelo tamén na División 1 cos Turismos Prototipo de tracción total, onde o seis veces campión, Perfecto Calviño, tentará conseguir un novo título co Ford Fiesta Proto.

Indubidablemente o maior interese centrarase en Car Cross, onde os Yacarcross de Javier Ramilo, Óscar Palomo ou Darío Calviño serán os principais candidatos a loitar polas vitorias ou ocupar posicións de podio, aínda que sen esquecernos tampouco da presenza de Miquel Joan Sacares ou o italiano Andrea Barbieri.

Na nova categoría de Car Cross Promoción, onde se compite con características técnicas máis restrinxidas, estarán Fernando Silva e Diego Pandelo, quen regresa despois de varios anos de inactividade. Ademais en Car Cross Junior teremos cos Yacarcross a Sergi Pérez, Antonio Herrerías e Tommy Pintos.

Tamén en División 1 haberá varios pilotos con mecánicas realizadas por Yacar Racing como é o caso de Javier Herrero (Peugeot 205 Proto), Tomás Aranda (Citroën DS3 Proto) e José Antonio Casado (Suzuki Swift Proto).