Movistar mantense líder no servizo de banda larga

1 minutes read

O Estudo sobre Banda Larga Fixa e Móbil, elaborado pola Asociación de Internautas, analiza a calidade da banca larga en España (BLE) e ofrece un retrato dos aspectos máis destacados que conforman a valoración dos grupos que operan no mercado español, segundo os datos oficiais (SEAD e OAUTEL) e máis de catro millóns de medicións de velocidade efectuadas polos panelistas da AI, diferenciando entre redes e tipos de acceso. Neste sentido, a calidade achega un elemento de estabilidade (require investimentos continuos para que os progresos se consoliden) fronte á volatilidade dos prezos con múltiples cambios no ano.

Conclusións do estudo

A calidade global mostra unha diferenza de máis de 4 puntos entre o mellor e o peor operador valorado. A máxima puntuación conséguea Movistar (8,05), que mellora nun punto o resultado do estudo do pasado ano (7,01). O peor resultado recólleo o Grupo MásMóvil (3,70). Pola súa banda, o Grupo Euskaltel aproxímase aos 7,4; o Grupo Vodafone roza os 7 e o Grupo Orange os 6 puntos.