Movistar, valorado como o mellor operador telefónico en canto a calidade

1 minutes read
  • O único suspenso rexístrao o grupo MásMóvil, que obtén unha puntuación de 4,24

Movistar alcanza a maior puntuación entre os operadores telefónicos presentes en todo o territorio nacional cun 7,75 en canto á calidade global en base aos datos de telefonía móbil, fixa e banda ancha. O único suspenso rexístrao o grupo MásMóvil, que obtén unha puntuación de 4,24. Vodafone, cun 7,61, ocupa a segunda praza e séguelle Orange con 6,30 puntos.

Esta información foi avaliada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) grazas aos datos da Secretaria de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais (SETID) e da Oficina de Atención dos Usuarios das Telecomunicacións (OAUTEL). Datos que dan información sobre a actuación dos operadores no mercado.

En canto á calidade do servizo fixo, MásMóvil suspende cun 2,97 e Orange non chega nin ao aprobado (4,95) en calidade do servizo móbil.

Calidade global dos operadores_Cedida

Reclamacións

Orange é o operador con máis reclamacións móbiles, preto dun 5%, segundo a SETID. No outro extremo sitúase Vodafone con menos do 0,5%, MásMóvil supera o 2% e Movistar queda por baixo desa cota.

As reclamacións sobre facturas aproxímanse ao 1% no caso de Orange e o mellor cociente corresponde a Vodafone cun 0,085. O resto de operadores atópanse entre 0,32% e 0,66%. En canto aos tempos de resolución, Vodafone aproxímase a 4,5 días e Movistar roza os 17.

Ademais, Movistar tamén presenta o menor volume de queixas sobre a atención ao cliente cun 0,19 mentres que Vodafone case triplica ese nivel, cun 0,49.