O Consello da Xunta deste xoves aprobou a declaración como iniciativa empresarial prioritaria do proxecto que promove Forestal del Atlántico para construír unha planta de metanol verde en Mugardos, na que prevé investir máis de 130 millóns de euros. Baixo a previsión de que estea rematada en 2025, esta planta, coa que se crearán 120 empregos, non só redundará no uso de biocombustible senón que suporá unha oportunidade para xerar riqueza na contorna, atraendo novos investimentos. Durante unha visita ás instalacións desta empresa, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recordou que nesa aposta por converter Galicia nun referente neste camiño cara á un futuro máis verde, a Comunidade conta cunha forte candidatura ao Perte de renovables, con iniciativas que poderían chegar a mobilizar un total de máis de 3.800 millóns de euros -esta planta de metanol, a construción dunha planta de xeración de hidróxeno verde e outra de biometano, por exemplo-.
31