Trátase dun tramo de 600 metros, desde onde finalizan as beirarrúas actuais ata a vía urbana de acceso ao Baño, onde se está a habilitar un itinerario que terá un ancho de 2,5 metros, agás no primeiro tramo, onde disporá dunha anchura de 1,25 metros para salvar os peches existentes. Os traballos céntranse estes días na finalización dos muros de escollera. Executáronse ademais varios muros de mampostería para evitar a afección a unha vivenda e para reducir a altura do terraplén que presenta o terreo.
Quedarían por executar estas semanas a instalación da varanda metálica e balizas LED, así como a colocación dos bancos na pequena zona de esparcemento habilitada á metade do itinerario. Esta actuación, que conta cun investimento de preto de 535.000 euros, está financiada con fondos FEDER-REACT-UE como parte da resposta da unión á pandemia da COVID-19 dentro do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.