Mulleres de Muxía, Ortigueira, Teo, Aranga e A Pobra participaron no proxecto audiovisual “O rural de todas”


Trátase dun proxecto audiovisual que ten como obxectivo contribuír a unha maior visibilidade do traballo das mulleres do rural, onde mulleres destes cinco concellos participan nesta iniciativa que remata neste Día Internacional da Muller Rural. As gravacións do documental estrearanse antes de fin de ano. O proxecto está impulsado pola área de Igualdade da Deputación da Coruña, e tal e como sinala a deputada de Igualdade, María Muíño, ten como obxectivo a visibilización do papel fundamental que realizan as mulleres, infelizmente, non recoñecido no seu valor. A través do documental plasmaranse historias e experiencias diversas que axuden a unha maior sensibilización sobre a importancia dos traballos que as mulleres desenvolven na sociedade.