Corme contará cunha nova edición do Mercado Artesán «Marusía». Logo do éxito acadado nas pasadas edicións, no mes de agosto o sábado 06 e o domingo 07, celebrarase de novo o mercado organizado pola asociación Mulleres do Pobo coa colaboración do Concello de Ponteceso, a Asociación de Veciños e a hostelería de Corme.
Esta edición de Marusía abrirá ese sábado a partir das 11:00 horas no Xardín Vello e as 12.00 horas será o pregón. Serán dous días intensos cargados de diversas actividades que amenizaran as xornadas e que terán lugar en diferentes puntos da vila.
Todos os visitantes ó mercado artesán, nenos e nenas e adultos, poderán participar dunha clase de ioga á beira do mar e de música variada, entre outras actividades.