- A mostra, que forma parte de varias actividades para reivindicar o 8M, poderá visitarse ata o 26 de marzo
O instituto Maximino Romero de Lema, situado en Baio, acolle a exposición Mulleres Galegas na Historia grazas a unha colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra. A mostra, que forma parte dun conxunto de actividades docentes con motivo do Día da Muller, poderá visitarse ata o vindeiro 26 de marzo.
«Só co coñecemento e coa pedagoxía crítica seremos quen de coñecer o valoroso quefacer das 17 mulleres que nos presentan os dez paneis que compoñen a exposición», destacan desde a directiva do centro escolar. Coñecemento referido tamén á visibilización de varias figuras femininas que non son moi coñecidas entre a rapazada, como a recoñecida actriz de teatro e cine en Francia, María Casares.
A cifra de representantes, 17 mulleres, garda conexión co Día das Letras Galegas que se celebra cada 17 de maio, e que este ano homenaxea a Xela Arias.