Multas de ata 100 euros por non respectar o uso obrigatorio das máscaras

Imaxe Pedro Sánchez
  • O borrador do decreto para a «nova normalidade» outorga ás CCAA a competencia para «a adopción, supresión, modulación e execución» das medidas da Fase 3

«O incumprimento da obrigación de uso de máscaras será considerado infracción leve e sancionado con multa de ata cen euros», recolle o borrador do decreto para a «nova normalidade», ao que tivo acceso RTVE, que o Executivo ten previsto aprobar o vindeiro martes no Consello de Ministros.

No documento, o Goberno establece o uso obrigatorio de máscaras despois da finalización do estado de alarma, iniciado o pasado 14 de marzo e que concluirá o próximo 21 de xuño.

O texto, que está a ser consensuado cos gobernos rexionais tamén recolle a competencia exclusiva das Comunidades Autónomas para «a adopción, supresión, modulación e execución» de medidas correspondentes á Fase 3 «salvo para as medidas vinculadas á liberdade de circulación que excedan o ámbito da unidade territorial determinada» para cada unha delas.

Obrigatoriedade de máscaras e multa de ata 100 euros
O texto prevé sancións para quen incumpra as medidas de prevención e as obrigacións establecidas nos termos previstos pola Lei Xeral de Saúde Pública. En concreto, saltarse a obrigación de uso de máscaras considerarase unha infracción leve que poderá sancionarse cunha multa de ata 100 euros.