Multas de ata 120.000 euros por incumprir a corentena

0 minutes read

A Consellería de Sanidade publicouno este sábado no Diario Oficial de Galicia, as persoas que incumpran as obrigas de illamento ou de corentena fixadas polas autoridades sanitarias enfrontaranse a sancións que van dos 3.000 ata os 120.000 euros, en función da gravidade da infracción. A orde tamén establece sancións de entre 3.000 a 15.000 euros para aquelas persoas que non cumpran coa súa obriga de colaborar coas autoridades na investigación da busca de contactos en casos da Covid-19.