Multiplícanse por oito os casos de violencia de xénero en menores en Galicia

0 minutes read

A cifra de menores galegos implicados en delitos relacionados coa violencia de xénero multiplicouse por oito entre 2014 e 2018, segundo recolle a memoria da Fiscalía Superior de Galicia dese último ano, no que os delitos relacionados coa liberdade sexual creceron un 20%. O fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, entregou este luns ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices, a memoria da Fiscalía correspondente a 2018, na que se evidencia unha baixada do 7% nos asuntos de carácter penal ingresados nos xulgados galegos, ata os 103.000.