Multiplicáronse as denuncias por estafa durante os últimos meses

Os estafadores agudizan o seu enxeño e aproveitan as tecnoloxías para captar vítimas, con correos electrónicos nos que anuncian alugueiros moi económicos ou produtos sen garantías.
E mesmo se sofren nalgunhas ocasións estafas dobres -cando se entregan documentos privados que son empregados con fins ilícitos polos delincuentes.

A Policía pide aos cidadáns que recompilen e documenten todas as evidencias ou probas que poidan sobre a estafa, así como os datos do anunciante, a páxina web ou o anuncio no que aparezan e o denuncien ás forzas de seguridade, tanto presencialmente como a través das súas páxinas web, no apartado de Participación Cidadá.

A Policía Nacional reforzará este verán o seu servizo de cibervixilancia ante o máis que previsible aumento das estafas, como xa ten sucedido nos tres meses do estado de alarma.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha