Multitudinaria asistencia á laconada do PP de Cee

Jesús Picallo Santos, candidato do PP á Alcaldía de Cee deuse un auténtico baño de masas na Laconada organizada polo PP de Cee no Hotel Insua Costa da Morte, onde estivo acompañado do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor e arroupado por centenares de asistentes ante os que sinalou que se presenta «co firme obxectivo de traballar para facer unha política diferente, sen crispación, desde a humildade, e escoitando aos veciños». No transcurso do acto o Partido Popular de CEE homenaxeou a dous militantes históricos: Ramón Iglesias (Moncho do Vitoria) e Carmen Lago.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha