Multitudinaria celebración do Domingo de Ramos en Carballo

Domingo de Ramos_Parroquia de Carballo.

A parroquia de Carballo celebrou este domingo unha nova xornada de tradicións relixiosas e manifestacións públicas de fervor. As bendicións propias do Domingo de Ramos repetíronse como en anos pasados, un día no que se se conmemora a entrada de Xesús en Xerusalén a lombo dun burro mentres era aclamado polas xentes. Centenares de persoas, congregáronse ao mediodía no atrio da igrexa parroquial de San Xoán para asistir á bendición, oficiada por Xosé García Gondar, e desde alí participar na procesión dá Borriquiña acompañando á imaxe de Cristo ata a igrexa de San Cristovo, onde se celebrou a misa. Os nenos e os pais da confraría do Santo Cristo da Paz, ataviados con túnicas brancas, cintos e turbantes vermellos, puxeron a nota de cor á comitiva.