Multitudinaria manifestación contra a alza dos prezos convocada polo BNG

  • A manifestación estivo simbolicamente encabezada por un camión, un tractor e unha lancha, en representación de sectores como o do transporte, agrogandeiro e pesqueiro, entre os máis afectados pola crise.

O BNG mobilizou a miles de persoas nas rúas cunha manifestación en Santiago para solicitar unha saída da crise de prezos que sexa xusta para a maioría social, o que require medidas “valentes” e non parches “curtopracistas”. Medidas como a intervención do mercado enerxético, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, quen tomou a palabra na Praza da Quintana tras escoitar a Antón, Concha, Xosé, Iria e Manuel, que puxeron voz a algúns dos colectivos máis afectados pola inflación, como pensionista, transportistas, traballadoras do agro ou do mar ou á xente moza.

Pontón amosouse convencida de que Galiza ten capacidade para saír adiante e foi especialmente crítica co feito de que no medio dunha crise que está empobrecendo ás familias, á clase traballadora e levando ó límite ás empresas, Galiza se vexa obrigada a soportar “un goberno paralizado polas liortas internas do PP”.

Pero, insistiu a dirixente do Bloque, “hai solución, hai alternativa e hai esperanza”, á que representan “as gandeiras e gandeiros que van seguir producindo alimentos de calidade; a esperanza son as persoas autónomas que co seu esforzo sacan adiante proxectos innovadores; son os traballadores e traballadoras que non se resignan”, declarou, ó tempo que enviaba unha mensaxe de apoio e solidariedade á familia e amizades de Unai, recentemente falecido, é os seus compañeiros de Repsol.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha