Multitudinaria marcha en Londres contra o “Brexit”


A campaña “People’ s Vote” convocou este sábado unha manifestación en Londres en favor da celebración dun segundo referendo do ” brexit” que arrincou as 12.00 GMT no centro da capital británica.

Baixo o lema ” Put it to the people march” (“Pono en mans da xente”, en referencia á decisión sobre o “brexit), a marcha, á que os organizadores esperan que acudan centos de miles de persoas, iniciouse na céntrica rúa Park Lane cun percorrido durante aproximadamente dúas horas que culminará na praza do Parlamento.

En paralelo a esta convocatoria, máis de catro millóns de persoas asinaron unha petición online ao Goberno na que pide que revogue o Artigo 50 do Tratado de Lisboa e que se cancele o “brexit”.

Trátase da petición deste tipo que máis firmas solicitou nunca e agora está pendente dunha resposta do Executivo e de que o Parlamento sopese se someter o asunto a un debate no Parlamento.