- Antonio Dominguez asegurou que volveu para quedarse.
As 20:30 h deste sábado celebrouse a presentación da candidatura do PP á alcaldía de Cee na Casa dá Cultura, coas intervencións de Francisco Conde, conselleiro de Industria, Diego Calvo, presidente provincial dos populares e o candidato Antonio Domínguez.
Cabe lembrar que este acto supón a volta de Domínguez á primeira liña da política local, despois de ser alcalde de Cee entre os anos 2001 e 2007, ano no que un pacto de partidos apartouno do goberno municipal.
Tal e como dá mostra a instantánea de portada, un ateigado auditorio sorprendiu a moitos asistentes e curiosos que se acercaron a presentación popular.