0
Carballo despediu este martes o Entroido co Enterro da Sardiña. Nun día festivo local, a comitiva fúnebre coordinada polo grupo de teatro Vagalume saíu en procesión ás 19:00 horas da Praza do Concello a ritmo de charanga ata o Parque do Anllóns. O tempo, aínda que frío, acompañou, e antes do Enterro houbo chocolatada e unha degustación de orellas preparadas polos alumnos do módulo de cociña do obradoiro de emprego Fórum Dual.