- A etapa contrarreloj, de 33,7 quilómetros, parte de Muros, atravesa Carnota e remata cun espectacular ascenso ao Mirador do Ézaro.
As comarcas de Muros e da Costa da Morte volven a ser protagonistas dunha etapa de La Vuelta, coa colaboración da Deputación da Coruña.
A ronda española continúa este martes, 3 de novembro, coa única etapa contrarreloj desta edición. Un itinerario de 33,7 quilómetros que parte desde Muros, percorre a costa e remata co ascenso ao Miradoiro do Monte Ézaro, en Dumbría, un dos finais máis duros e épicos da Vuelta, xa que conta con pendentes de ata o 30% e vistas espectaculares da única cascada de Europa que desemboca directamente ao mar.
Con saída no porto de Muros, a etapa discorrerá por Louro, San Francisco, Lariño, Carnota, O Viso, Caldebarcos, Panchés, Quilmas e O Pindo, onde comezará a suba á «parede» do Ézaro.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e os deputados José Manuel Pequeño e Xosé Luis Penas reuníronse co director xeral de Unipublic, Javier Guillén, organizador de la Vuelta, cuxos corredores gozaron este luns dunha xornada de descanso na Coruña.
Vive La Vuelta na casa
Debido á situación sanitaria ocasionada pola pandemia da Covid-19, tanto a organización de La Vuelta coma a Deputación da Coruña e os concellos polos que pasa solicitan á cidadanía que siga La Vuelta por Televisión (en directo a partir das 13.40 horas).
