Tal como é tradicional, a Romaría de Santa Margarida na Coruña porá esta última fin de semana de agosto o punto e final ás festas de María Pita 2022, cunha variada e atractiva programación que pechará o luns 29 o concerto de Manu Chao. A música, o baile e os xogos despedirán desta xeito as festas, seguidas de maneira multitudinaria durante todo o mes de agosto. Durante tres días, do 26 ao 28, o parque de Santa Margarida renderalle tributo ao mellor folclore e á mellor gastronomía popular, con actuacións tan significativas como as de Mercedes Peón e Milladoiro, entre outras. Esta última fin de semana chegarán ao seu fin tamén algunhas das citas que se viñeron desenvolvendo, como Cascarillarte, con actuacións o venres, sábado e domingo en Vioño, Santa Margarida e Novo Mesoiro; así como a feira de artesanía Mostrart, que pechará os seus postos de venda o domingo, día no que tamén concluirán as festas de Novo Mesoiro. Ese mesmo día acabarán tamén a citas deportivas incluídas dentro do programa de festas, coa disputa da Bandeira de Traiñeiras Teresa Herrera e a travesía a nado á enseada de Santo Amaro.
42