Música con historia para alumnado de Ponteceso

0 minutes read

O departamento de Cultura de Ponteceso organizou a pasada semana un concerto pedagóxico impartido por Pablo Carpintero e Rosa. Estivo dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e tamén para os rapaces do IES Eduardo Pondal.

Esta actividade estivo subvencionada pola Deputación da Coruña dentro do programa ‘Patrimonio GZ Sons’ para difundir a recuperación e posta en valor da riqueza do patrimonio musical galego.