Música, deporte, humor, teatro, astronomía… Así de cargado vén o “Verán Cultural” de Zas


O “Verán Cultural” de Zas está cargado de actividades!. O Concello vén de presentar o programa que se desenvolverá durante xullo e agosto e que está organizado polas Concellarías de Cultura e Deportes. Nestes meses realizaranse máis de trinta actividades culturais, deportivas e didácticas en diferentes localizacións do municipio. Este martes ábrese o prazo de inscrición para estas actividades. Será necesario cumprimentar a folla de inscrición e, unha vez confirmada a praza, deberá realizarse o pago da actividade. As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada tendo preferencia as/os empadroadas/os no municipio. Ademáis do programa “Verán Cultural”, o Concello de Zas organiza un programa de actividades paralelo que se desenvolverá ao longo deste verán nas Torres do Allo.