A programación do Verán Cultural chega á súa fin cunha gran posta en escena protagonizada polas agrupacións musicais de Carballo. A cita será este venres 30 de agosto ás 21:30 horas na Praza do Concello.
A Banda Municipal de Gaitas, os grupos de música e baile tradicional da AC Nemeth e de Arume de Berdillo, e a Escola do Alprende de Oza amosarannos o floclore tradicional galego a través do baile, a música e o vestiario que xa forman parte do noso patrimonio etnográfico.