Música, neve e churros para acender o alumeado do Nadal en Camariñas

PIXABAY

  • Será este domingo, a partir das 18:00 horas, na Praza do Concello

O Concello de Camariñas programou o acendido da iluminación de Nadal para o próximo domingo, 5 de decembro, ás 18 horas. Será na Praza do Concello e haberá varias actividades como inchables para os máis pequenos e tamén unha actuación municipal a cargo do coro municipal ‘Brisas do mar’. Ademais, os asistentes ao evento poderán degustar chocolate con churros mentres contemplan a neve que caerá sobre a praza.