Muxía | A auga da traída podería estar detrás de decenas de afectados con problemas estomacais

PIXABAY

  • Os parámetros de potabilidade da auga son normais pero, mentres se realizan novos controis, desde o Concello recomendan non consumir este tipo de auga

O centro de saúde de Muxía recibiu nas últimas horas varias chamadas e visitas presenciais describindo un malestar repetitivo con síntomas moi similares aos dunha gastroenterite. Isto non chamaría a atención de ser un número pequeno de afectados, sen embargo as primeiras estimacións sinalan a que hai decenas, arredor de corenta. As primeiras hipóteses apuntan á agua da traída como causante deste problema, polo que desde o goberno local recomendan non consumir a auga desta canle ata saber con seguridade o que está acontecendo.

O rexedor, Iago Toba, tranquilizou á poboación a través dun comunicado explicando que durante a mañá deste xoves se realizou un «control básico e urxente dos parámetros de potabilidade da auga» resultando «normais». De todos xeitos, e debido á «importancia e magnitude de persoas afectadas», unha empresa especializada no análise de augas está levando a cabo novos controis máis para poder concretar a información. Toba tamén destacou que teñen constancia de que o Departamento de Epidemioloxía da Consellería está traballando paralelamente na análise das augas de Muxía.