Muxía | A Praza do Coído acollerá as atraccións do San Xoán ante a negativa de Portos

Atracciones en el puerto de Muxía

  • Enmarcarda no programa cultural ‘MuxiUp’, esta iniciativa realizarase do 23 ao 27 deste mes

Continúa a polémica entorno ás diferentes atraccións de feira que o Concello de Muxía decidiu traer á vila para celebrar o San Xoán. Portos de Galicia non autoriza a instalación do parque de atraccións na zona do peirao a un día da inauguración, polo que desde o Concello decidiron situar estes aparellos na Praza do Coído. Enmarcada dentro do programa cultural ‘MuxiUp’, esta iniciativa realizarase do 23 ao 27 deste mes e será presentada de xeito oficial este mércores ás 20:00 horas.

Esta negativa de Portos responde á falta de previsión para a solicitude. «Vemos incompresible como, a un día da inauguración, informan que este permiso tiña que ser solicitado con dous meses de antelación e máis na situación actual na que estamos, que as previsión vense reducidas nos prazos debido á pandemia», sinala o alcalde, Iago Toba. O rexedor tamén fixo fincapé en que «non tivemos contestación ata o día de hoxe, cando xa levaban as atraccións preparadas no porto catro días».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha