Muxía | A Xunta destina 5.000 euros á mellora do parque infantil do CEIP Os Muíños

Indalecio Cabana con miembros del PP de Muxía_Cedida

  • A competencia nesta materia é do Concello, pero os populares sinalan que desde o goberno local hai un abandono polo mantemento do centro

A Xunta de Galicia destinará 5.000 euros para mellorar o solo do parque infantil do colexio de Os Muíños, na localidade de Muxía. Así o destacaron desde o Partido Popular local, agradecendo o compromiso do Goberno autonómico «a pesar de non ter competencias nesta materia», sinalou a concelleira, Sofía López, tras unha xuntanza celebrada este xoves coa líder do grupo local, Sandra Vilela, e o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana.

Os populares afirman que «seguen esperando a que o executivo local convoque o pleno extraordinario solicitado para abordar a grave situación de abandono na que se atopa o parque infantil pola falta de mantemento do Concello», apuntou López, quen tamén forma parte da ANPA do colexio.

«Unha vez máis, as promesas do rexedor queda en papel mollado», conclúen os populares, polo que agora reclaman con urxencia que o goberno local convoque unha sesión extraordinaria porque no centro existen necesidades que precisan ser solucionadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha