- As prazas serán limitadas e as persoas interesadas poderán anotarse no Departamento de Cultura do Concello
Este martes abre o prazo para anotarse na Escola Municipal de Teatro de Muxía, que contará con prazas limitadas debido á actual situación da Covid-19. Quen desexe anotarse poderá facelo no Departamento de Cultura do Concello, a través do teléfono 981 74 20 01, ata o próximo 22 de outubro. A idade mínima de participación é de 18 anos.
A concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, destacou que “Muxía seguirá apostando pola cultura segura e estamos convencidos
que a Escola de Teatro, que contará con todas as medidas de prevención, terá unha gran acollida este ano”.