Muxía | Aberto o prazo para anotarse nos obradoiros de estimulación cognitiva

Concello de Muxía

  • Desenvolveranse na vila e no lugar de Os Muíños, en horario de mañá

O Concello de Muxía organiza talleres de estimulación cognitiva para persoas maiores de 60 anos. Realizaranse en horario de mañá na propia vila e nos Muíños, coa posibilidade de ampliar os obradoiros a máis lugares no caso de haber demanda.

O prazo para inscribirse remata este venres, 29 de outubro. Máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello.