Muxía | Aberto o prazo para o curso de seguridade ambiental dirixido a menores de 30 anos


  • Forma parte do Plan de Emprego Local da Deputación, e está previsto que se inicie a mediados de marzo

O Concello de Muxía abre o prazo de inscrición para un curso de seguridade e medio ambiente organizado pola Deputación da Coruña a través do Plan de Emprego Local. Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais vai dirixido ás persoas desempregadas, menores de 30 anos e que forman parte de Garantía Xuvenil.

Os participantes adquirirán coñecementos sobre os novos requirimentos de seguridade e conservación do medio ambiente, así como da xestión sostible dos espazos públicos.

A formación teórico práctica realizarase nos municipios de Cerceda e Muros e contempla 80 horas prácticas e 60 horas de prevención de riscos laborais. A data de inicio está prevista para mediados de marzo e será comunicada ao longo do proceso de selección.

O alcalde de Muxía, Iago Toba, destacou que “este plan de emprego xuvenil servirá para dar oportunidade de futuro laboral á mocidade local, unha franxa moi afectada pola crise do coronavirus”.

O prazo para inscribirse a través da sede electrónica do concello de Muxía remata o vindeiro 4 de marzo.