Muxía abre a oficina de información turística de forma permanente

1 minutes read

Esta ampliación do servizo, que ata agora estaba cuberto de forma estacional, contribuirá a prestar unha asistencia de maior calidade e adaptada ás necesidades da vila. Así, tamén supoñerá un avance de cara á tramitación de recoñecemento do Concello de Muxía como ConcelloTurístico solicitada á Xunta de Galicia.

Paralelamente a esta apertura permanente da oficina turística, tamén se están a organizar os horarios da biblioteca para que este servizo poida retornar ao seu funcionamento habitual nas vindeiras semanas.

Reforzo dos servizos básicos con máis persoal

Os servizos básicos tamén se viron reforzados coa contratación de 5 operarios e operarias a través do Plan de Emprego PEL subvencionado pola Deputación da Coruña. Este reforzo de persoal se suma ao grupo de 8 operarios subvencionados a través do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña que iniciarán o seu labor nos vindeiros días.