35
O Concello de Muxía dará o pistoletazo de saída das actividades de Nadal co acendido das luces que terá lugar este sábado, 3 de decembro, no paseo marítimo da vila.
O acto, que dará comezo ás 19:00 horas, contará co gran espectáculo de sons, lume e acrobacias “A luz da lúa”. Ademais, todas as persoas asistentes poderán degustar, de balde, chocolate con churros.
Desde o goberno local invitan “a toda a veciñanza a que se acheguen ata o paseo marítimo para gozar dunha xornada chea de maxia e para toda a familia”.