Muxía acolle este venres a presentación de ‘Caída’, o novo poemario de Suso Bahamonde

Ayuntamiento de Muxía

  • Será na Biblioteca Municipal a partir das 18:30 horas

O Concello de Muxía acolle este venres, 23 de outubro, a presentación do poemario ‘Caída’, de Suso Bahamonde. O acto, que contará cun aforo limitado e con estritas medidas de seguridade, celebrarase na Biblioteca Municipal ás 18:30 horas.

Este poemario forma parte dun proxecto conxunto e irá acompañado en directo cos integrantes do grupo The Inversos, ao que tamén pertence Bahamonde. Un evento no se que mesturarán poemas con música rock, e onde se relatarán as caídas que sufrimos as persoas ao longo da vida, así como a forma na que estas nos axudan a saír adiante.