Muxía acollerá a presentación do ‘Catálogo de pombais na Costa da Morte’ de Arxires Mouzo

Imagen de un palomar

  • Será o próximo martes, 21 de setembro, ás 10:30 horas no Salón do Voluntariado

O Salón do Voluntario de Muxía acollerá o martes 21 de setembro, ás 10:30 horas, a presentación do ‘Catálogo dos pombais na Costa da Morte’ realizado polo muxián e alumno-traballador del obradoiro dual ‘Camiño ao Emprego’, Arxires Mouzo Ramos.

Como parte da derradeira actividade do taller de emprego, Mouzo realizou un estudo pormenorizado e detallado dos pombais que existen nas tres localidades participantes identificando un total 33: 17 en Vimianzo, 10 en Muxía e 6 en Camariñas.

A tarefa realizada por Mouzo é totalmente orixinal ao non haber ningún estudo similar. O catálogo tamén contén fotos, visitas, entrevistas e xeolocalizacións de cada un dos pombais.