Muxía acollerá este sábado a actuación ‘Botando a lingua a pastar’ de Cándido Pazó


Este vindeiro sábado, día 11 de decembro, Cándido Pazó chega ao Salón de Actos do Voluntariado de Muxía coa súa obra ‘Botando a lingua a pastar’.
Un espectáculo de narración oral, dunha hora de duración, na que se mesturan contos tirados da tradición oral con historias de creación propia. Ademais, iranse engarzando amenos e divertidos comentarios relacionados coa lingua galega, sempre co humor e a empatía oral como mecanismo de conexión directa e viva co público. 
A función dará comezo ás 20:00 horas e as entradas terán un custo dun euro.
As persoas interesadas en asistir poderán anotarse previamente no Departamento de Cultura, 981 74 20 01 ou no Whatsapp 696 57 00 70.