Muxía acollerá este sábado o espectáculo teatral ‘A parábola do Angazo’

Vida de Cans.

O Concello de Muxía acollerá o vindeiro sábado, 16 de outubro, a obra teatral ‘A parábola do Angazo’, enmarcada dentro da programación Muxía Cultura Outonal.
O espectáculo, pensado para o público xuvenil e adulto, está dirixido por Diego Rey e protagonizado por Artur Trillo e Toño Casais. 
Deste xeito, a compañía Talía Teatro volve reflexionar sobre a situación e uso do idioma galego, como xa fixeran con bastante éxito en Bicos con lingua e Pelos na lingua.
A función terá lugar no Salón de Actos do Voluntariado ás 20:00 horas e as persoas interesadas poderán inscribirse na Concellería de Cultura no teléfono 981 742 001.
As entradas poderán recollerse en taquilla media hora antes, se ben se recomenda facer a reserva anticipada polo necesario control de asistentes para evitar aglomeracións.