Muxía acolleu a presentación da exposición sobre o Camiño de Santiago

1 minutes read
  • Esta iniciativa itinerante, organizada pola Liga de Periodistas del Camino de Santiago, conta con inscricións en braille e cun xogo da oca en gran tamaño

Este sábado tivo lugar a presentación oficial da exposición itinerante da Liga de Periodistas del Camino de Santiago “El Conocimiento en el Camino de Santiago”, así como da mostra Camiño Fisterra-Muxía do fotógrafo Xesús Búa. Ao evento, celebrado no Salón de actos do Voluntariado de Muxía, acudiron o alcalde, Iago Toba; a deputada provincial de Educación, Sandra González Castro e Luis Menéndez, presidente da Asociación de Prensa de Santiago. O xornalista Pepe Formoso foi o encargado de dirixir a presentación.

Os visitantes gozaron dun percorrido pola historia do Camiño, a través dun gran xogo e carteis informativos con inscricións en braille.

A Liga de Periodistas obsequiou ao alcalde muxián e á deputada provincial cun detalle de madeira dun escultor navarro, membro da Liga. Pola súa parte, o rexedor amosou o «orgullo que sinte porque Muxía acolla unha exposición destas dimensións» mentres que Sandra González destacou a «importancia do Camiño de Santiago como elemento vertebrador da nosa comunidade e un dos principais motores económicos da nosa provincia».