Muxía acolleu a rodaxe do documental «O rural de todas»

Esta peza audiovisual está promovida pola Deputación da Coruña, e ten Muxía como un dos catro escenarios dentro da provincia.
Os obxectivos deste proxecto son a creación dun documental colaborativo sobre a historia da vida das mulleres de Muxía no rural; coñecer o traballo e a vida cotiá das mulleres do rural da provincia a través de historias reais; concienciar e sensibilizar á cidadanía do legado das mulleres rurais ao desenvolvemento da provincia ou sensibilizar á sociedade sobe a igualdade e a loita contra a violencia de xénero.
Dentro desta peza, teñen especial importancia Rocío Louzán e Sandra Paz, as rapazas do municipio que protagonizarán o fragmento muxián.
A concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch acompañounas na gravación. A tenente de alcalde agradeceulles «a súa participación e implicación. Estamos convencidos e convencidas de que este documental axudará a crear lazos de unión entre as xeracións vertebradoras do noso municipio», sinalou.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha