Muxía acolleu os actos de Santa Bárbara, patroa da Federación Galega de Estacións de Servizo


O Parador de Muxía acolleu os actos organizados pola Federación Galega de Estacións de Servizo con motivo da celebración da súa patroa, Santa Bárbara, e que contou coa participación de case 200 asociados chegados de toda Galicia. A comunidade conta nestes momentos con máis de 300 estacións de servizo representadas nesta asociación , un sector que facturan máis de 900 millóns de euros e xeran máis de 2.300 empregos directos.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, tamén participou nos actos e destacou o acerto do lugar elixido para a celebración deste evento, o parador de Muxía, porque representa o gran avance no eido turístico desta comarca. Lembrou que “a revolución vivida pola Costa da Morte no último lustro é un exemplo perfecto de como un territorio obtén resultados despois dun proceso de posta en valor, ordenamento e planificación dunha oferta turística adaptada aos valores que a fan única”.