Muxía acolleu unha andaina solidaria contra o cancro infantil

AVPC Muxía.

O Concello de Muxía acolleu este luns a 1ª Andaina Solidaria Contra o Cancro Infantil organizada polo alumnado dos centros educativos CEIP de Vilarmide – Eduardo Noya, o IES Ramón Caamaño e o CEIP Virxe da Barca, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro e a Fundación Aladina. Ademais dos escolares puideron participar familiares e veciños en xeral aportando un euro para a causa. Ao seu remate todos e todas puideron dar conta dun chocolate quente, preparado pola xunta local da AECC, acompañado tamén de doces achegados por negocios locais da vila. O evento contou coa colaboración da Policía Local e Protección Civil de Muxía.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha