Muxía acometerá melloras na contorna das caldeiras do río Castro


O Concello de Muxía anuncia un conxunto de melloras na contorna das caldeiras do río Castro de cara á primavera de 2021.
Os traballos consistirán na instalación de sinais, colocación de mobiliario urbano, traballos de xardinaría, adecuación de accesos e renovación da iluminación.
“Con todas estas intervencións converterase nun punto de referencia a nivel turístico na Costa da Morte”, sinala o alcalde, Iago Toba.