Muxía | Adiado o evento cultural desta fin de semana polas restricións sanitarias

1 minutes read
  • A administración local actualizará cada semana a situación respecto ao programa ‘Muxía cultura outonal’

O Concello de Muxía decidiu aprazar o evento cultural desta fin de semana debido ás últimas restricións da Consellería de Sanidade, que limita as reunións a un máximo de dez persoas. O espectáculo, protagonizado por Cayetano Lledó, contará cunha nova data pendente por confirmar.

O alcalde, Iago Toba, quixo subliñar que ‘o máis importante é protexer á xente e, aínda que desde a concellaría de Cultura este tipo de eventos se están a organizar baixo estritos parámetros hixiénico-sanitarios, toca ser prudentes e analizar a situación en función do contexto vixente’.