Muxía aínda agarda por un retablo novo dez anos despois do incendio do santuario da Barca

0 minutes read

Este Nadal cumpriuse unha década do incendio que estragou o símbolo de Muxía: o santuario da Virxe da Barca. Un raio causou un lume que, alimentado polo vento, acabou coa cuberta e reduciu a cinzas boa parte do interior do templo, incluído o seu retablo do século dezaoito e varias imaxes relixiosas. A construción foi restaurada, foron necesarios dezasete meses para facelo de xeito oficial, pero unha década despois, Muxía segue agardando por un retablo novo.